2M1207b

2M1207b
Comparación entre o tamaño de 2M1207b é Xúpiter.
Estrela Nai
Estrela 2M1207
Constelación Centaurus
Ascensión recta (α) 12h 07m 33.47s[1]
Declinación (δ) −39° 32′ 54.0″[1]
Distancia 172 ± 3 al
52,75+1,04
−1,00
[2] pc
Tipo espectral M8[1]
Separación
Época 2005[3]
Separación angular (ρ) 769 ± 10[3] mas
Ángulo de posición (θ) 125,6 ± 0,7[3] º
Separsación estimada (d) 40,6 ± 1,3[4] UA
Características Físicas
Masa (m sin i) 4 ++6
−-1
Mx
Raio (r) 1,5[5] Rx
Temperatura (T) 1600 ± 100[3] K
Descubrimento
Descuberto por Chauvin e col.
Data do descubrimento Abril do 2004
Método da detección Imaxe
Status do descubrimento Publicado[6]
Outras designacións
HD 3651 b
Referencias nas bases de datos
Extrasolar Planets Encyclopaedia data
SIMBAD data

2M1207b é un planeta extrasolar que orbita ó redor da estrela anana marrón 2M1207 na constelación de Centaurus, e está a preto de 170 anos luz da Terra.[2] Destacado por ser un dos primeiros candidatos a planeta extrasolar observados directamente (a través de imaxes no infravermello), foi descuberto en abril de 2004 polo Very Large Telescope (VLT) dende o Observatorio de Paranal, Chile, por un equipo do Observatorio Europeo do Sur liderado por Gaël Chauvin.[6] Pénsase que ten entre 3 a 10 veces a masa de Xúpiter e podería orbitar ó redor da súa estrela primaria a unha gran distancia, semellante á distancia a que orbita Plutón ó redor do noso Sol.[5]

Este planeta é un xigante gasoso moi quente, a temperatura estimada da superficie é de aproximadamente 1.600 K (1.300 °C ou 2.400 °F), principalmente debido á contracción gravitacional.[3] A súa masa está ben por baixo do límite calculado para a fusión do deuterio en ananas marróns, que é de 13 masas de Xúpiter. A proxección da distancia entre 2M1207b e a súa estrela primaria é de preto de 40 UA (Similar á distancia media entre Plutón e o Sol).[4] O espectro infravermello indica a presenza de moléculas de auga na súa atmosfera.[7] O obxecto non é un probable candidato para sustenta-la vida, tanto na súa superficie ou en calquera dos seus satélites.

  1. 1,0 1,1 1,2 Simbad:[http://simbad.u-strasbg.fr/simbad/sim-id?Ident=2MASS%20J12073346-3932539 2M1207A}}, entrada en SIMBAD. Consultado o 15-06-2008.
  2. 2,0 2,1 ~ emamajek/memo_2m1207.html "A distancia ó sistema 2M1207", Eric Mamajek, 8 de novembro do 2007. Consultado o 15 xuño do 2008.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 The Planetary Mass Companion 2MASS 1207-3932B: Temperature, Mass, and Evidence for an Edge-on Disk, Subhanjoy Mohanty, Ray Jayawardhana, Nuria Huelamo, and Eric Mamajek, Astrophysical Journal 657, #2 (March 2007), pp. 1064–1091. Bibcode:2007ApJ...657.1064M, Doi:10.1086/510877.
  4. 4,0 4,1 A proxección estimada da separación observada obtívose da separación angular observada e distancia estimada.
  5. 5,0 5,1 Star: 2M1207 Arquivado 06 de outubro de 2011 en Wayback Machine., Extrasolar Planets Encyclopaedia. Consultado o 15 de xuño do 2008.
  6. 6,0 6,1 A giant planet candidate near a young brown dwarf. Direct VLT/NACO observations using IR wavefront sensing, G. Chauvin, A.-M. Lagrange, C. Dumas, B. Zuckerman, D. Mouillet, I. Song, J.-L. Beuzit, P. Lowrance, Astronomy and Astrophysics, 425 (October 2004), pp. L29–L32. Bibcode:2004A&A...425L..29C, Doi:10.1051/0004-6361:200400056.
  7. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome esopr

Developed by StudentB